Calendario escolar

DOG ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

As actividades lectivas nas ensinanzas de réxime especial realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 30 de xuño de 2023, ambos inclusive.

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2022/23 serán os seguintes:

Nadal: desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

Entroido: os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.

Semana Santa: desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.

Día do Ensino coa consideración de non lectivo e que no curso 2022/23 se celebrará o 31 de outubro de 2022

Axudas NEAE

Con motivo da publicación da Resolución do 13 de maio de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso académico 2022-2023, está aberto o prazo de solicitude da beca para o vindeiro curso 2022/2023. Este ano adiántase a convocatoria pero o prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 19 de maio ao 30 de setembro inclusive.

A continuación poñemos a vosa disposición os correspondentes enlaces:

Enlace ao texto da convocatoria publicada no BOE

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2022-15578

Enlace coa información sobre os requisitos e acceso ao trámite online na páxina do Ministerio de Educación.

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Calquera dúbida quedamos a vosa disposición