Proxecto Experimental de Educación Dixital (E-DIXGAL)
O Ceip de Figueiroa ben de ser seleccionado como un dos centros de E. Primaria de Galicia para pór en marcha non vindeiro curso escolar 2014/15 un proxecto experimental de educación dixital.
O procemento de selección foi convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da RESOLUCIÓN de 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/15.
O proxecto Educación Dixital (E-DIXGAL) ten como obxectivo favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos centros adscritos á Rede Abalar a disponibilidad de libros e outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto na totalidade do currículo de 5º de educación primaria no curso 2014/15, ampliándose a outros cursos e etapas nos anos seguintes.
Os centros adscritos a este proxecto terán acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe cos contidos gratuitos proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os centros deberán utilizar, no seu caso, exclusivamente materiais dixitais na totalidade das materias, que poden proceder desta contorna e/ou ser proporcionados polo centro.
O proxecto diríxese aos centros que están na Rede Abalar, centros cunha cultura dixital afianzada como parte do seu proxecto de centro, apoiado e coñecido pola comunidade educativa, e en especial polas familias, que se verán beneficiadas ademais con aforros en costos derivados dos materiais educativos. Por outra banda, posibilitarase o maior aprovechamiento do equipamiento das aulas dixitais do proxecto.
En resume, o proxecto consiste en utilizar materiais dixitais en todas as materias, renunciando as familias ás axudas para a adquisición de libros de textos. Polo tanto, supón un cambio importante no método de traballo a desenvolver polos profesores do centro.
Ser centro E-DIXGAL representa un premio para o claustro de profesores e Consello Escolar na aposta que vén facendo pola innovación en materia educativa iniciada hai uns anos. Cabe recordar que o Ceip de Figueiroa xa foi centro piloto do Programa Abalar, do Plan E-LBE (lectores electrónicos) e agora E-DIXGAL (libros dixitais).