Saída a Catalunya
O vindeiro domingo día 26 de febreiro, 30 alumnos/as do noso centro, xunto con tres profesores/as, realizarán unha saída educativa a Rasquera (Reus - Tarragona). Esta saída enmárcase dentro do Proxecto Arce (convocado polo Ministerio de Educación) no que este centro está a participar xunto con outros tres de distintas comunidades autónomas (Catalunya, Balears e Canarias).
A saída terá lugar ás 13:40 h. do aeroporto de Lavacolla con destino ao aeroporto do Prat (Barcelona). Desde alí ata Rasquera deprazaranse en autobús. Estarán aloxados na casa de colonias "CA MANXOL".
Para moitos nenos/as será unha experiencia única, xa que voarán por primeira vez.
Durante a súa estancia nesta vila visitarán os colexios de Ginestar e Rasquera e participarán nunha xornada de convivencia con alumnos/as dos dous centros. A temática desta xornada xira ao redor dos xogos tradicionais propios da comarca visitada. O martes pola mañá estarán en Miravet e realizarán un paseo en barca polo río Ebro e percorrerán a parte antiga do pobo, o castelo e un oleiro; pola tarde, irán a Benissanet para visitar unha cooperativa (Grup Fruit), o Museo da Música e un refuxo antiaéreo.
O último día, mércores 29, pola mañá estarán en Rasquera visitando un forno de pastissets, unha llatadora e a Ermida de Santo Domingo. Ás 16:00 h. partirán en autobús cara o aeroporto do Prat donde embarcarán no avión rumbo a Santiago de Compostela ás 20:05 h.
Nesta páxina web, ao seu regreso, exporemos todo o material audiovisual e fotográfico que os alumnos/as recollan na viaxe.
A Comunidade Educativa do Ceip. de Figueiroa deséxalles unha boa viaxe.