Calendario escolar
As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.
As actividades lectivas nas ensinanzas de réxime especial realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 30 de xuño de 2023, ambos inclusive.
Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2022/23 serán os seguintes:
– Nadal: desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.
– Entroido: os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.
– Semana Santa: desde o día 3 ata o día 10 de abril de 2023, ambos inclusive.
Día do Ensino coa consideración de non lectivo e que no curso 2022/23 se celebrará o 31 de outubro de 2022